> Actualidade

08/07/2019 10:15

> PROXIMAMENTE, XORNADA FORMATIVA GRATUÍTA O CIDADÁN DIXITAL

Promovido polo GDR4 Comarca de Lugo, está previsto que o xoves 18 de xullo de 2019 teña lugar unha xornada que baixo o título O Cidadán Dixital, busca formar ás persoas asistentes nos principais procedementos informáticos para que os apliquen no seu día a día tanto persoal como profesional.

Entre outros, os procedementos máis destacados que se verán nesta xornada son: busca de información na web, creación e envío de correos electrónicos, realización de trámites con algunhas administracións públicas, manexo de redes sociais, etc.

Esta xornada, sen custe económico para os participantes, celebrarase no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de 16:00 h a 20:00 h. Todas as persoas interesadas poden facer a súa inscrición no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei ou chamando ao teléfono 982 393 382.

O límite de prazas é de 20 que serán cubertas por orde de inscrición; o prazo estará aberto ata o día 17 de xullo de 2019.

Máis información: ver programa






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .