> Actualidade

25/06/2019 10:22

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA V CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Esta aberto o prazo de inscrición para participar na V Carreira solidaria do Concello de Outeiro de Rei , evento incluído dentro das actividades da XIII Feira da Artesanía.

Os participantes dividiranse en catro categorías segundo a súa idade distribuídas da seguinte maneira:

- Absoluta (nad@s no ano 2003 e anteriores), 5.500 metros
- Infantil (2006-2007) e Cadete (2004 ao 2005), 700 metros
- Prebenxamín ( 2011-2013) Benxamín (2008-2010), 500 metros
- Chupete (2014 – 2019), 100 metros

A inscrición ao evento será gratuíta para todas as categorías agás a absoluta; neste caso, as persoas participantes deberán aboar 5 euros no caso de ser propietarios do chip amarelo de Championchip Norte e 6 euros no caso de non posuír dito chip (en concepto de aluguer do mesmo).

Debido á natureza da carreira habilitarase a opción de donativo voluntario a favor da Asociación SOMOS Unidos por el Cáncer.

A inscrición poderá formalizarase ata o día 4 de xullo de 2019 ás 24 h na web https://championchipnorte.com.

- Regulamento da carreira



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .