> Actualidade

24/06/2019 12:06

> ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO I CAMPIONATO DE ESCULTORES CON MOTOSERRA

O Concello de Outeiro de Rei convoca o I Campionato de escultores con motoserra de Outeiro de Rei que terá lugar o sábado 6 de xullo dentro das actividades da XIII Feira da Artesanía de Outeiro de Rei.

Poderán participar todas as persoas afeccionadas ou profesionais maiores de idade, previa inscrición libre e gratuíta que se realizará do 24 ao 28 de xuño de 2019, ambas datas incluídas, presentando a solicitude, copia do DNI e certificado de empadroamento, se procede (consultar bases), nas oficinas do rexistro xeral do Concello de Outeiro de Rei ou enviando a documentación ao enderezo electrónico feiras@outeiroderei.org .

As persoas participantes deberán traer todo o material necesario para a realización da súa obra (a excepción do tronco de madeira), incluído o seu equipo de protección individual (EPI); ningún competidor/a poderá participar sen estar provisto do mesmo.
Cada autor/a presentará unha única obra, cuxa temática deberá estar relacionada con algún oficio artesanal á elección d@s participantes.

A competición terá lugar no Campo de Santa Isabel, lugar onde ás 18:45 tamén se realizará o fallo do xurado, ao igual que a entrega de premios ás obras gañadoras.

Os premios serán:
- 1º clasificad@: 200 € e detalle de Husqvarna
- 2º clasificad@: 150 € e detalle de Husqvarna
- 3º clasificad@: 100 € e detalle de Husqvarna
- 4º, 5º, 6º e 7º clasificad@s: detalle de Husqvarna

» Descargar bases  |   » Descargar solicitude de participación


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .