> Actualidade

24/06/2019 12:25

> III CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE DE OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei convoca o III Concurso de pintura ao aire libre dentro das actividades da XIII Feira da Artesanía de Outeiro de Rei.

Poderán participar todas as persoas afeccionadas ou profesionais maiores de idade, sendo a inscrición libre e gratuíta o mesmo día da feira (6 de xullo de 2019) no stand do Concello de Outeiro de Rei entre as 9:00 h e as 10:30 h.

Os participantes traerán todo o material necesario para a realización da súa obra pictórica en soporte ríxido de cor branca e que será dun tamaño mínimo de 50 x 70 cm.

Cada autor presentará unha única obra, cuxa temática será a propia feira de artesanía e/ou calquera recuncho con encanto polos que discorre a feira (rúas do casco vello e o Campo de Santa Isabel).

Os participantes poderán presentar as súas obras ata as 19:30 h do mesmo día na caseta do Concello de Outeiro de Rei, procedéndose con posterioridade ao fallo do xurado e posterior entrega de premios ás obras gañadoras.

Os premios serán:
800 € e diploma acreditativo para o gañador
400 € e diploma acreditativo para o segundo clasificado
200 € e diploma acreditativo para o terceiro clasificado

Descarga as bases completas

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .