> Actualidade

18/06/2019 01:27

> PRESENTADA A XIII EDICIÓN DA FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI

Hoxe, ás 11:30 h,  tivo lugar no Salón de Plenos do Concello a presentación da décimo terceira edición da FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI nun acto presidido polo alcalde,  José Pardo Lombao acompañado pola técnica de emprego e desenvolvemento local da entidade e no que estiveron presentes diferentes medios de comunicación.

ALGÚNS DATOS SOBRE A FEIRA:


  • TERÁ LUGAR O SÁBADO 06/07/2019, COINCIDINDO COAS FESTAS PATRONAIS NA HONRA A SANTA ISABEL. OS POSTOS ESTARÁN ABERTOS DURANTE TODA A XORNADA ATA AS 21:00 h.


  • ESTÁ PREVISTA A PARTICIPACIÓN DE APROXIMADAMENTE 100 EXPOSITORES. NA ACTUALIDADE TEÑEN CONFIRMADA ASISTENCIA 69 POSTOS DE ARTESANÍA E 12 DE ALIMENTACIÓN.

     
    NA SECCIÓN DE ARTESANÍA   PORANSE Á VENDA PRODUTOS DE CERÁMICA, CESTERÍA, ARTESANÍA DA MADEIRA,GANCHO E CALCETA, XOIARÍA, COIRO, INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL,  TRAXES REXIONAIS, FERRO, ARTESANÍA TÉXTIL,  XABÓNS NATURAIS, BIXUTERÍA, ESMALTES, CANTARÍA, MACRAMÉ, BOLILLOS, MANUALIDADES, ANTIGÜIDADES, ETC. PARALELAMENTE, NA SECCIÓN DE ALIMENTACIÓN OFERTARANSE MEL, PRODUTOS DE PANADERÍA,  EMBUTIDOS,   QUEIXOS, DOCES,  CEREIXAS, VIÑOS E LICORES…


  • O PROGRAMA DA FEIRA INICIASE COA V CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER, ASOCIACIÓN PRESIDIDA POR JOSÉ MANUEL VÁZQUEZ, E NA QUE COLABORA O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI. ESTÁ PREVISTA A SAÍDA DA PRAZA DO CONCELLO ÁS 10:30 h DOS CORREDORES ADULTOS QUE FINALIZARÁN O PERCORRIDO  NO CAMPO DE SANTA ISABEL; O TRAZADO DA CARREIRA TERÁ UN PERCORRIDO DE PRETO DE  6 KM. TAMÉN, NO CAMPO DE SANTA ISABEL, DESENVOLVERANSE COMPETICIÓNS INFANTÍS POLA MESMA CAUSA.


    AS PERSOAS INTERESADAS EN PARTICIPAR PODERÁN REALIZAR AS SÚAS INSCRICIÓNS A TRAVÉS DA WEB DE CHAMPIONCHIP.

    TAMÉN ESTÁ PREVISTO  QUE A AXENCIA GALEGA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE INSTALE NO CAMPO DE SANTA ISABEL  A PARTIR DAS 10:00 h E ATA AS 15:00 h UN AUTOBÚS PARA QUE TODAS AS PERSOAS QUE O DESEXEN POIDAN DOAR SANGUE (LEMBRAR  QUE O VERÁN É UN DOS PERÍODOS MÁIS CRÍTICOS DE TODO O ANO PARA AS RESERVAS DE SANGUE).


  • AO LONGO DA XORNADA HABERÁ DEMOSTRACIÓNS EN VIVO DE OFICIOS TRADICIONAIS: AS OLARÍAS DE TRADICIÓN DE GALICIA SOBER, BUÑO E BONXE ESTARÁN PRESENTES NESTA TRECEAVA EDICIÓN DA FEIRA ADEMAIS DO LUTHIER XANECO, A CESTEIRA IDOIA CUESTA, E DE VARIOS ARTESÁNS MÁIS REPRESENTANDO DIFERENTES OFICIOS (CESTERÍA, CANTERÍA, TALLADO EN MADEIRA, …). TAMÉN HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN BOLBORETAS FIANDEIRAS QUE REALIZARÁN FIADO DE LA  E MEMBROS DA ASOCIACIÓN CORAZÓNS ARTESÁNS CON EXHIBICIÓN DE MACRAMÉ, BOLILLOS…MOITOS POSTOS DA FEIRA CONTRIBUIRÁN TAMÉN Á VISTOSIDADE DA MESMA FACENDO DEMOSTRACIÓN DALGÚN DOS TRABALLOS QUE REALIZAN A COTIO NA ELABORACIÓN DAS PEZAS QUE DESPOIS VENDEN NESTES MERCADOS.


  • PARALELAMENTE, A PARTIR DAS 12:00 h, ESTÁN PREVISTOS VARIOS OBRADOIROS  DIRIXIDOS A NEN@S E RAPACES/ZAS PERO SEN ESQUECER ÁS PERSOAS MAIORES:

    • UN DE BARRO, QUE SE SITUARÁ NAS INMEDIACIÓNS DOS OLEIROS

    • NA RÚA MANUEL MARÍA HABERÁ UN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE E NO CAMPO DE SANTA ISABEL SERÁ O ESPAZO QUE ACOLLA OS SEGUINTES OBRADOIROS:

      • DE MOBILES (utilizando diferentes símbolos celtas).

      • DE ATRAPASONOS (con elementos naturais e materiais de refugallo).

      • XIMKANA DE XOGOS COOPERATIVOS.

      • E OBRADOIRO DE XOGO TRADICIONAL (socatira, pita cega, carreira popular de sacos, a mazá, mazurcas…).


    ESTAS ACTIVIDADES ESTÁN NA SÚA MAIOR PARTE DIRIXIDAS A UN PÚBLICO INFANTIL CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 5 E OS  12 ANOS.


  • A PARTIR DAS 12:00 h NO CAMPO DE SANTA ISABEL, NAS INMEDIACIÓNS DO CIRCUÍTO DEPORTIVO, ESTÁ PREVISTO O INICIO DO I CAMPIONATO DE ESCULTORES CON MOTOSERRA DE OUTEIRO DE REI E A EXHIBICIÓN DE FIGURISMO A CARGO DO ESCULTOR MARCOS MARIÑO QUE TAMÉN SERÁ A PERSOA ENCARGADA DE VELAR POLO BO FUNCIONAMENTO DA CITADA COMPETICIÓN. AS PERSOAS PARTICIPANTES NA PROBA TRABALLARÁN  SOBRE TRONCOS  DE MADEIRA QUE SE CONVERTERÁN BEN SEGURO EN FERMOSAS ESCULTURAS  CUN NEXO COMÚN XA QUE A TEMÁTICA DAS OBRAS DEBERÁ ESTAR RELACIONADA CON ALGÚN OFICIO ARTESANAL. AS PERSOAS QUE DESEXEN PARTICIPAR PODERÁN INSCRIBIRSE DO  24 AO 28 DE XUÑO, AS SOLICITUDES SERÁN ATENDIDAS POR ORDE DE ENTRADA NO REXISTRO, ADMITÍNDOSE UN MÁXIMO DE 7 PARTICIPANTES. O  RESULTADO DA COMPETICIÓN RESOLVERASE ÁS 18:45 H NO LUGAR DA PROBA. PÓDENSE CONSULTAR AS BASES DESTE CAMPIONATO NA SEDE ELECTRÓNICA MUNICIPAL OU AO PINCHAR NO BANNER DA FEIRA EXISTENTE NA WEB MUNICIPAL.


  • PARA ESE DÍA ESTÁN PREVISTAS TAMÉN VARIAS ACTUACIÓNS. ASÍ ÁS 13:00 h ACTUARÁ DIANTE DA CASA CONSISTORIAL A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA SONS E SOÑOS DOS CONCELLOS DE BEGONTE, OUTEIRO DE REI E RÁBADE; ÁS 14:00 h SERÁ A QUENDA PARA A ACTUACIÓN DO GRUPO DE GAITAS DA ASOCIACIÓN CULTURAL PENAS DE RODAS QUE REALIZARÁ TAMÉN UN PASACALLE ÁS 12:00 h DURANTE A INAUGURACIÓN DA FEIRA E QUE A PARTIRES DAS 18:00 h ANIMARÁ COA SÚA MÚSICA AS  RÚAS DO CENTRO, A RÚA MANUEL MARÍA E O CAMPO DE SANTA ISABEL. FINALMENTE, A PARTIR DAS 19:30 h NA PRAZA DO CONCELLO HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN INFANTIL DE BAILE REXIONAL A CARGO DE NEN@S DA AGRUPACIÓN DE BAILE INFANTIL OUTEIRO DE REI.


  • IGUALMENTE, A PARTIR DAS 13:00 h, NO CAMPO DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR A TRADICIONAL CONCENTRACIÓN DE COCHES A CARGO DO CLUB 600 DE LUGO.


  • NESTA MESMA ZONA, Á ENTRADA DO CAMPO DE SANTA ISABEL, INSTALARASE POR SEGUNDA VEZ UN PUNTO DE ADOPCIÓN CANINA A CARGO DA EMPRESA OUTEIRESA GARATUXA QUE ESTÁ OCUPÁNDOSE A TRAVÉS DUN CONVENIO DOS CANS QUE RECOLLE O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI NO SEU TERMO MUNICIPAL. AS ADOPCIÓNS QUE SE REALICEN ESE DÍA NON TERÁN NINGÚN CUSTE PARA A PERSOA QUE ADOPTE QUE RECIBIRÁ ADEMAIS ALGÚN AGASALLO DESTINADO Á ALIMENTACIÓN E COIDADO DO CAN ADOPTADO.


  • NA RÚA MANUEL MARÍA ESTÁ PREVISTO QUE A EMPRESA FORESIN, CONSULTORÍA INTEGRAL DE RESINA EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN RESINEIRA AREGA 16 REALICE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O APROVEITAMENTO DA RESINA E INCLUSIVE FAGAN DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA DE APROVEITAMENTO RESINEIRO SOBRE UNS FUSTES DE PINO.


  • COMO NAS PASADAS EDICIÓNS, HABERÁ POSIBILIDADE  DE XANTAR A PARTIR DAS 13:30 h  NA FERMOSA CARBALLEIRA DO CAMPO DE SANTA ISABEL BEN BAIXO CARPA, ONDE A COMIDA SERÁ SERVIDA POLO RESTAURANTE GONZÁLEZ OU NO PROPIO CAMPO NAS TRADICIONAIS MERENDAS.


  • UNHA NOVIDADE IMPORTANTE NESTA DECIMO TERCEIRA EDICIÓN DA FEIRA É A POSIBILIDADE DE REALIZAR  PASEOS EN KAIAK POLO RÍO MIÑO, EN HORARIO DE 16:30 h A 19:00 h E  DE FORMA GRATUÍTA.  ESTA ACTIVIDADE ESTARÁ  GUIADA POLO CLUB DE PIRAGÜISMO CIDADE DE LUGO E PARA PARTICIPAR NELA É PRECISO TER 7 OU MÁIS ANOS E SABER NADAR.


  • ÁS 17:30 h SAIRÁ UN BUS TURÍSTICO DAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL QUE VISITARÁ O CAMPO DA FEIRA E AS PENAS DE RODAS EN GAIOSO, A IGREXA DE ROBRA E O SALTO DO PIAGO. O PERCORRIDO FINALIZARÁ COA VISITA Á CASA-MUSEO MANUEL-MARÍA.

    AS PRAZAS SON  LIMITADAS  POLO QUE PARA PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE GRATUÍTA É NECESARIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE NA MESMA O DÍA DA FEIRA NA CASETA DO CONCELLO INSTALADA NAS INMEDIACIÓNS DA CASA CONSISTORIAL.
     


  • ÁS 17.45 h NO ENTORNO DOS OLEIROS HABERÁ UN ESPECTÁCULO FAMILIAR DE VARIETÉS A CARGO DE MIRCROMINA QUE REPRESENTARÁ A OBRA GYROVÂGUS, ESPECTÁCULO PARA GOZAR EN FAMILIA. ESTA OBRA, CHEA DE EMOCIÓN, TEN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 45 MINUTOS.


  • ÁS 18:30 h, NAS INMEDIACIÓNS DA CAPELA DE SANTA ISABEL TERÁ LUGAR UNHA EXHIBICIÓN CANINA DE OBEDIENCIA E DEFENSA DEPORTIVA A CARGO DO GRUPO DEPORTIVO FONTAO, CUN ESPECTÁCULO NO QUE ESTÁ PREVISTO PARTICIPEN 6 CANS DE RAZAS PASTOR ALEMÁN E ROTTWEILER.


  • AO IGUAL QUE NAS PASADAS EDICIÓNS, REALIZARASE UN SORTEO DE PREMIOS DE 50 € CADA UN DELES QUE ESTE ANO AUMENTAN A 20.


    CADA ESTABLECEMENTO ADMITIDO POLA ORGANIZACIÓN DA FEIRA TERÁ 40 RIFAS QUE REPARTIRÁ ENTRE OS SEUS CLIENTES.

    ESTE SORTEO É UNHA INICIATIVA MÁIS, DENTRO DO AMPLO PROGRAMA DE EVENTOS QUE CONTEMPLA A CELEBRACIÓN DESTA FEIRA, COA QUE SE PRETENDE ANIMAR Á XENTE A QUE VEÑA A COÑECER ESTE EVENTO PREMIANDO A REALIZACIÓN DE COMPRAS EN CALQUERA POSTO.

    O SORTEO TERÁ LUGAR ÁS 21:30 h   NA CASETA DO CONCELLO SITUADA NAS PROXIMIDADES DA CASA CONSISTORIAL.

    ADEMAIS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA A TERCEIRA  EDICIÓN DO CONCURSO  DE PINTURA AO AIRE  LIBRE, QUE  AUMENTA A DOTACIÓN DOS PREMIOS, PASANDO POR EXEMPLO O PRIMEIRO DE 500 € A 800 € NESTA CONVOCATORIA.

    AS PERSOAS INTERESADAS EN AMPLIAR INFORMACIÓN PODEN ACCEDER AS BASES DE TODAS AS  CONVOCATORIAS NA WEB MUNICIPAL E TAMÉN NAS REDES SOCIAIS FB, TWITTER E INSTAGRAM.


  • CON ESTA FEIRA DE ARTESANÍA PRETENDESE IMPULSAR E DAR A COÑECER O TRABALLO DO SECTOR ARTESANAL PERMITINDO PARALELAMENTE PROMOCIONAR A ARTESANÍA LOCAL E A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E TURÍSTICA DO MUNICIPIO.

    DENDE ESTAS LIÑAS, O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ANIMA AO PÚBLICO EN XERAL A VIR A UNHA FEIRA ONDE  PODERÁN ATOPAR GRAN VARIEDADE DE PRODUTOS, PRODUTOS EXCLUSIVOS E QUE NON SE PODEN MERCAR NORMALMENTE  NOS COMERCIOS HABITUAIS ADEMAIS DE PODER GOZAR DUN DÍA ESPECIAL NUNHA FEIRA CHEA DE POSIBILIDADES, ACOLLEDORA E  REPLETA DE SENSACIÓ...


  • O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI DIFUNDIRA ESTE EVENTO A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS TWITTER (@OuteiroRei), FACEBOOK(@outeirorei) E EN  INSTAGRAM @outeirorei, co HT en todas elas  #feiraouteiro2019
  •  
 
 

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .