> Actualidade

12/06/2019 11:33

> RELACIÓN DE PREMIADOS NO SORTEO CELEBRADO EN TUREXPO 2019

Como en anos anteriores, o Concello de Outeiro de Rei estivo presente na feira TUREXPO celebrada durante a Semana Verde de Silleda, co obxectivo de seguir dando a coñecer a oferta turística do municipio recibindo a visita de numeroso público.

Entre o público diverso que pasou polo stand é de destacar a visita dun grupo de blogueiros de toda Galicia, visita dirixida por TURVERGAL, profesionais todos eles das redes sociais que utilizan para dar a coñecer Galicia.

O domingo día 9 de xuño procedeuse ao habitual sorteo que nesta ocasión foi de tres estancias para dúas persoas na casa de turismo rural Río Ladra.



  • ELENA REGUEIRO VARELA, de Carral (A Coruña)

  • SARA FREIRE DOMÍNGUEZ, de Marín (Pontevedra)

  • JOSÉ ANTONIO SÁNCHEZ BELLO, de Neda (Ferrol)
























Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .