> Actualidade

05/06/2019 11:07

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ESTARÁ EN TUREXPO

O municipio de Outeiro de Rei estará presente na feira de TUREXPO GALICIA, evento que se celebra de forma conxunta coa Feira Internacional da Semana Verde de Silleda.

Dende o día 6 ao 9 de xuño as persoas que se acheguen ata o stand do Concello de Outeiro de Rei poderán observar, mediante diversos paneis promocionais, unha pequena mostra dalgúns dos recursos paisaxísticos que alberga o noso municipio como poden ser o Campo de Santa Isabel, o espazo natural de Penas de Rodas, o Salto do Piago ou a Ponte Colgante de Parada, todos eles de singular beleza.

No stand, tamén está representada a alfarería de Bonxe, unha das cerámicas ancestrais de Galicia que ten a súa orixe neste concello. Pero non é a única mostra artesanal que Outeiro de Rei oferta, existen outros artesáns representados: o luthier Xaneco, que impresiona pola manufactura dos seus instrumentos musicais e Idoia Cuesta, premio nacional de artesanía que se adica á elaboración de tecidos vexetais.

Así mesmo, promocionanse dous excepcionais centros naturais, auténticos referentes moi visitados tanto por escolares e público en xeral: Avifauna, que permite ao visitante facer un interesante percorrido polo mundo das aves e Marcelle Natureza, espazo natural adicado á conservación e contemplación da vida animal.

Outro dos atractivos que se promocionarán en TUREXPO é a próxima celebración da XIII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI que este ano terá lugar o sábado 06/07/2019, evento ao que acoden artesáns de toda Galicia e de comunidades limítrofes.

O última día da feira celebrarase o sorteo de tres estancias na casa de turismo rural Río Ladra.

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .