> Actualidade

24/05/2019 11:31

> XXI FESTA DOS NENOS

O Concello de Outeiro de Rei organiza para o venres día 7 de xuño a vixésimo primeira Festa dos Nenos na que pequenos e rapaces poderán gozar no horario comprendido entre as 16:30 h e as 19:00 h de diferentes inchables, kars , tobogáns e merenda de forma gratuíta. Como remate final, está prevista a tradicional festa da escuma para a que se recomenda que veñan preparados para a molladura.

Este evento terá lugar na Praza da Vila e en caso de choiva trasladarase aos pavillóns municipais e ao pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz.

- Descargar cartel






Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .