> Actualidade

25/04/2019 02:35

> O CONCELLO DE OUTEIRO ASINA CO INCYDE UN CONVENIO PARA A REALIZACIÓN DO PROGRAMA AUTOEMPREGO E CONSOLIDACIÓN EMPRESARIAL

Recentemente asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Outeiro de Rei e a Fundación INCYDE para o desenvolvemento dun programa de formación denominado Autoemprego e Consolidación Empresarial dentro do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado polo FSE.

O obxecto do convenio é establecer unha colaboración das partes asinantes para favorecer a posta en marcha dunha acción formativa encamiñada ao fomento do emprendemento que se complementará coa realización de xornadas/talleres de orientación e sensibilización, mentoring, seguimento, etc.

As materias a impartir dentro destes programas formativos proporcionarán ás persoas participantes unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa, para poder determinar oportunidades de mercado a través do coñecemento das ferramentas de xestión.

No terreo práctico, perséguese o desenvolvemento dos proxectos de empresas presentados polos participantes e a definición dos problemas da súa posta en marcha.

O presuposto total desta iniciativa é de corenta e cinco mil euros (45000,00 €), no que a Fundación INCYDE aporta 36000,00 € (80%) e o Concello de Outeiro de Rei 9000,00 € (20%).

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .