> Actualidade

25/04/2019 02:16

> MULTIAVENTURA EN VIVEIRO DO 24 AO 26 DE XUÑO

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude do MULTIVAVENTURA EN VIVEIRO que se realizará do 24 ao 26 de xuño.

Esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas de 1º a 4º de ESO que poderán gozar de diferentes actividades: surf, paint ball, tirolesa, etc.
Ao ser limitado o número de prazas que se ofertan (20), estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir as prazas.

A actividade ten un custo de 70 € que inclúe a hospedaxe, a comida e as actividades durante os tres días; esta cota deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas ou recibir máis información nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.

- Descargar cartel
- Dercargar documentación


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .