> Actualidade

28/03/2019 02:03

> EMOTIVO RECIBIMENTO Á NADADORA OUTEIRESA VANESA GÓMEZ

Hoxe, ás 13:00 h, familiares, veciños e veciñas de Outeiro de Rei e a maior parte da Corporación Municipal recibiron no Concello a Vanesa Gómez que participou nos recentes Xogos Mundiais de Verán de Olimpíadas Especiais celebrados en Abu Dhabi obtendo unha medalla de ouro en natación na categoría de 50 m costas.

Esta nadadora, veciña da vila de Outeiro de Rei, recibiu o aplauso e o cariño de todas as persoas asistentes. O alcalde, José Pardo Lombao, manifestou o orgullo que supón para o concello de Outeiro de Rei “pero tamén para a provincia de Lugo, para Galicia e para España poder celebrar o éxito acadado por Vanesa grazas indudablemente ao seu esforzo persoal e ao traballo realizado con constancia por esta atleta e que se viu recompensado coa obtención dunha medalla de ouro. Unha medalla de ouro das 16 obtidas pola delegación española participante nestes xogos veu para Outeiro de Rei grazas a esta outeiresa exemplo de esforzo, vontade, perseveranza e afán de superación”.

O alcalde tamén tivo palabras de recoñecemento para o labor que realiza a asociación Aspnais, da que Vanesa é usuaria, a favor da integración das persoas con discapacidade intelectual aproveitando a ocasión para felicitalos tamén polos éxitos acadados nestes Xogos Olímpicos e felicitando persoalmente a Álvaro Fernández, responsable de deporte desta entidade lucense que estivo presente no acto.

O acto institucional de recoñecemento rematou coa entrega dunha placa conmemorativa.
















Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .