> Actualidade

28/02/2019 12:31

> ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO SOBRE TÉCNICAS DE APROVEITAMENTO RESINEIRO EN OUTEIRO DE REI

Dende o pasado ano, o Concello de Outeiro de Rei leva desenvolvemento varias actuacións co obxectivo de dar a coñecer a actividade resineira entre a súa poboación (xornadas informativas, demostracións prácticas na feira de artesanía e  visita a explotacións resineiras de Loiba e O Vicedo).

Como continuación a este plan de achegamento a esta actividade, e dado que dende o punto de vista socioeconómico as posibilidades do noso Concello para desenvolver o aproveitamento da resina son elevadas e  paralelamente detectouse certo interese por parte da cidadanía,  tanto de cara a adquirir un maior coñecemento sobre este aproveitamento como de cara a implantalo nos montes da localidade, o Concello de Outeiro de Rei organiza un  CURSO SOBRE TÉCNICAS DE APROVEITAMENTO RESINEIRO.

Este curso  terá lugar, sempre que exista demanda suficiente, os sábados comprendidos  entre o 23 de marzo e o 13 de abril de 2019, en horario de 10:00 h  a 14:00 h; a parte teórica realizarase  no Centro Cultural de Robra estando previsto que as sesións prácticas teñan lugar en  fincas do municipio.

Para este curso ofértanse  12 prazas  que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei. A cota de inscrición é de 30 € e deberá facerse efectiva antes do inicio do curso.

As persoas interesadas poderán  recibir máis información ou realizar a inscrición do 4  ao 15 de marzo  no propio Concello, no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao  982 393 382, en horario de 9:00 h  a 15:00 h.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .