> Actualidade

28/02/2019 12:56

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UN CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

O Concello de Outeiro de Rei organiza un curso de formación de Monitor de tempo libre.Este curso terá unha duración total de 350 h que se distribúen do seguinte xeito:

  • 200 horas teórico – prácticas que se impartirán dende o 23 de marzo ata o 26 de maio os sábados de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h  a 21:00 h e os domingos  pola mañá en horario de 9:00 h a 14:00 h e durante o período de vacacional de Semana Santa.
  • Superada a parte teórica,  realizaranse as 150 horas da parte práctica. As persoas participantes  escollerán onde facelas poñendo o Concello á súa disposición a posibilidade de facelas no programa municipal de conciliación familiar, en campamentos de verán ou noutras actividades.

O curso será de carácter gratuíto tendo sempre preferencia á hora de cubrir as 15  prazas que se ofertan  as persoas do municipio con respecto ás de fora.

Documentación e requisito de acceso:

  • Ter cumpridos os 18 anos no momento de comezar o curso.
  • Estar en posesión do título de Graduado Escolar, ESO, Formación Profesional ou unha titulación semellante ou superior que supoña a realización previa dalgunha destas.
  • Presentar copia do DNI e da titulación académica.

Dado que o número de prazas é limitado estas cubriranse por orde de solicitude, o prazo de inscrición permanecera aberto do 4 ao  20 de marzo, podendo anotarse ou recibir máis información nas oficinas da Casa da Cultura en horario de 10:00 h  a 14:30 h.

- Folla de inscrición

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .