> Actualidade

14/02/2019 09:18

> CONCURSO DE DISFRACES EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis, con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2019, o Concello de Outeiro de Rei organiza a  XXI edición do tradicional CONCURSO DE DISFRACES.

A cita, como é habitual, terá lugar o día 3 de marzo (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizado polo grupo D´NIKA .

Xa están á disposición de todas as  persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo; o prazo para anotarse permanecerá aberto do 20 de febreiro ao 1 de marzo na Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso en horario  de 17:00 h a 18:00 h.

A contía dos premios ascende a 2.040 €.


Poden obter máis información chamando ao número 982 393 408.

-        BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO

-        FOLLA DE INSCRICIÓN

-        CARTEL



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .