> Actualidade

13/02/2019 12:48

> PROXIMAMENTE REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN EN VARIOS CURSOS DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA MULLERES

O Concello de Outeiro de Rei lembra que aínda quedan prazas para participar nas Actividades de Promoción da Muller previstas para o primeiro semestre do ano. O prazo xeral de inscrición remata o próximo día 18 de febreiro; rematado este prazo as vacantes dispoñibles poderán ser cubertas igualmente por homes que estean interesados nestes cursos.

As actividades con prazas vacantes son:

- ELABORACIÓN DE XABÓNS E COSMÉTICA NATURAL (martes, de 19:30 h a 21:00 h, dende o 19/02 ao 28/05).

- INICIACIÓN AO HORTO ECOLÓXICO (xoves, de 16:30 h a 18:30 h, dende o 14/03 ao 30/05).

- TALLER DE COIRO (luns, de 16:30 h a 18:30 h, dende o 01/04 ao 24/06).

Por outra banda, e ata o 25 de febreiro, poden presentar no rexistro do Concello, ben presencialmente, ben por correo certificado, os traballos para participar no Concurso de fotografía A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI (3ª edición) que se organiza co motivo de celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Pódense consultar as bases reguladoras do concurso no banner existente a tal efecto nesta web municipal.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .