Actualidade
CURSO DE MARKETING E COMPRAVENDA INTERNACIONAL PARA DESEMPREGADOS
O próximo luns día 11 de febreiro ás 10:30 h terá lugar no Concello de Outeiro de Rei a selección directa de candidatos para cubrir as prazas vacantes na acción formativa subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria de MARKETING E COMPRAVENDA INTERNACIONAL, certificado de profesionalidade que terá unha duración total de 768 h e que está previsto se desenvolva, sempre que exista demanda suficiente, do13/02/2019 ao 30/09/2019 no Centro Cultural de Outeiro de Rei en horario de tarde.
O obxectivo xeral deste curso de formación ocupacional é que as persoas participantes sexan capaces de obter e tratar información para o sistema de información de mercados elaborando a información de base para a aplicación das políticas de marketing-mix internacional e asistir aos procesos de negociación vencellados ao contrato de compravenda internacional utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira.
Esta acción formativa está dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, requisito que non é necesario para as persoas inscritas no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. En todo caso, as persoas interesadas en participar deberán
Ao ser un curso de nivel 3, as persoas participantes deberán cumprir algún dos requisitos seguintes:
Pódese recibir máis información no servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Outeiro de Rei.