> Actualidade

20/12/2018 04:00

> FESTAS DE REIS EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis o Concello de Outeiro de Rei, con motivo destas datas do Nadal, organiza para o día 5 de xaneiro a tradicional Festa de Reis, que dará comezo ás 18:00 h.

A celebración empezara coa actuación do Mago MANUEL LAMAS no Salón de Actos da Casa da Cultura. Ao seu remate, sobre as 19:00 h, terá lugar unha festa- merenda con roscón, gominolas e outras lambetadas á que están convidados todos os nenos e nenas do municipio e que se realizará no pavillón municipal.

Posteriormente, sobre ás 19:30 h, terá lugar a chegada das súas Maxestades de Oriente que comezará visitando ás persoas maiores na Residencia ( Geriatros Outeiro de Rei) e posteriormente chegarán ao pavillón municipal para repartir agasallos aos máis pequenos.

Os pais/nais que así o desexen poderán levar os regalos dos seus fill@s á Casa da Cultura ( xunto ao colexio) a semana do 31 ao 4 de xaneiro en horario de oficina e o mesmo día da celebración durante toda a mañá e de 16:30 h a 19:00 h no pavillón municipal; regalos que serán entregados polos Reis na mencionada festa.

Pódese recibir máis información na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, tfno.: 982 393 408.

- Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .