> Actualidade

22/11/2018 11:00

> CONSTITUÍDA A MESA INTERINSTITUCIONAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Presidida polo alcalde, José Pardo Lombao, constituÍuse no dia de onte a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Outeiro de Rei, un proxecto promovido pola concelleira de servizos sociais, Mª José Martínez Vigo e que nace para loitar contra a violencia de xénero e para crear as ferramentas necesarias para a coordinación  en materia de intervención e de prevención a nivel municipal.

No acto tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella (membro da Mesa) ; a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López;  a secretaria territorial da Xunta de Galicia, Marta Barreiro e a práctica totalidade dos membros  da Mesa que está composta do seguinte xeito:

PRESIDENCIA
Alcalde de Outeiro de Rei

SECRETARÍA
Técnica de Emprego e Desenvolvemento Local

SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA
Secretaría Xeral de Igualdade

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO
Concelleira de Servizos Sociais
Traballadora social
Educadora familiar

PREVENCION DE DROGODEPENDENCIAS
Coordinadora do servizo de condutas aditivas

SERVIZO DE DEPORTES DO CONCELLO
Concelleira de deportes

UNIDADE DE VIOLENCIA DE XENERO DA SUBDELEGACION DO GOBERNO
Xefa da Unidade

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO
Sarxento da Garda Civil de Rábade

CENTROS SANITARIOS
Centro de Atención Primaria de Outeiro de Rei

CENTROS EDUCATIVOS
Escola Infantil Municipal
CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei
IES Río Miño de Rábade

ASESORIA XURIDICA
Secretario do Concello de Outeiro de Rei

ASESORÍA TÉCNICA
Directora de Coeduca, consultora de coeducación

Nesta primeira sesión, ademais de constituírse a Mesa Local, definíronse os seus obxectivos e funcións, a proposta de funcionamento e as actuacións que se levarán a cabo para mellorar a coordinación.

A coordinación dos diferentes ámbitos representados facilitará poder dar resposta máis áxil e adaptada no caso de haber vítimas de violencia de xénero e igualmente facilitará a detección precoz de casos. Esa imprescindible coordinación permitirá o coñecemento de recursos, das liñas de traballo dos diferentes ámbitos favorecendo a homoxeneización de criterios de actuación e impulsando estratexias de sensibilización  cara á erradicación da violencia de xénero entre outras medidas.








Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .