> Actualidade

08/10/2018 01:41

> CURSO: CREANDO CINE

Gustaríache realizar unha produción audiovisual dende a idea ata o estreo?

Nos meses de novembro e decembro tes a túa oportunidade para iniciarte como cineasta!

DESTINATARIOS:  Maiores de 14 anos
DURACIÓN:  10 sesións, unha semanal (novembro-decembro)
DESCRICIÓN: O Curso “Creando Cine” é unha actividade dirixida á mocidade a partir de 14 anos na que o docente Alfonso Díez Veiga, Director de varias curtametraxes premiadas a nivel nacional e internacional, utilizará o cine como recurso idóneo para afondar na análise da realidade, na conciencia crítica e no autocoñecemento persoal dende unha perspectiva lúdica e educativa. O curso, eminentemente práctico, ten a finalidade de datar ao alumnado de coñecementos e recursos para a súa progresión na creación audiovisual.

O curso “Creando cine” terá unha duración de 10 sesións de 90mins a desenvolver durante os meses de novembro e decembro e versará sobre:

    • O cine como arte
    • O guión
    • A Pre-produción
    • Produción audiovisual
    • Distribución e marketing
    • Estreo

Inscríbete e realiza a túa propia produción audiovisual.
Os interesados en recibir máis información deberán dirixirse á Coordinadora do Servizo de Prevención Beatriz Traveso, á web www.prevenciondedrogas.es ,  a través do correo electrónico prevenciondrogas@rabade.org ou por contacto telefónico:

  • Luns
  • Martes
  • Mércores
  • Xoves
  • Venres

Concello de Outeiro de Rei
Concello de Friol
Concello de Begonte
Concello de Castro de Rei
Concello de Rábade

982.393.281
982.375.001
982.396.012
982.314.034
982.390.062

 *O lugar, horario e número de grupos de cada actividade fixarase en función das inscricións recibidas en cada concello da agrupación.



- Descargar ficha de preinscripción


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .