> Actualidade

17/07/2018 12:21

> ESTE VENRES REMATA O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR EN DESEÑANDO O TEU FUTURO

Deseñando o teu futuro é unha iniciativa promovida polo Concello de Outeiro de Rei destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre 16 e 18 anos que lles permite aproximarse ao ámbito socio-laboral facilitándolles unha experiencia durante 5 días nalgunha das empresas do municipio que colaboran con este proxecto.

As persoas participantes, mediante a realización de tarefas acordadas coa empresa, e sempre baixo supervisión dunha persoa responsable, poderán adquirir unha serie de competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e formación. Así mesmo, @s participantes recibirán unha axuda de 15 € / día de asistencia e participarán no sorteo de varias táblets.

As estadías nas empresas está previsto que se realicen do 3 ao 7 de setembro en horario de mañá; o luns 10 realizarase unha visita ao viveiro industrial municipal.
Desde o Concello de Outeiro de Rei se informa que ainda quedan prazas dispoñibles e que o prazo de solicitude remata este venres día 20 de xullo podendo inscribirse ben presencialmente no Servizo de Emprego e Desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei en horario de 9:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 382.


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .