> Actualidade

10/07/2018 01:52

> FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE

O pasado 7 de xullo, durante a celebración da XII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI, tivo lugar o concurso de pintura ao aire libre no que competiron un total de catro artistas resultando premiados os seguintes traballos:

• 1º premio (500 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada MIÑO realizada por PABLO GARCÍA ÁVILA.
• 2º premio (300 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: ESCALEIRAS EN SANTA ISABEL realizada por MANUEL CARBALLEIRA RIVAS.
• 3º premio (200 € máis diploma acreditativo) para a obra titulada: O RECUNCHO DE SANTA ISABEL realizada por NOEMÍ NÚÑEZ NÚÑEZ.

As obras premiadas poderán verse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ata o día 27/07/2018 en horario de 9:00 h a 14:00 h.









Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .