> Actualidade

05/07/2018 12:40

> CLAUSURADO OBRADOIRO DE EMPREGO SANTA ISABEL III

Onte realizouse o acto de clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Santa Isabel III, que se iniciou o 29/09/2017 e finalizou o 28/06/2018 cunha duración total de 9 meses.

No acto participaron os alumnos do obradoiro e persoal técnico e docente do mesmo, así como os alcaldes dos concellos de Castro de Rei, Cospeito e Outeiro de Rei que promoveron o obradoiro e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo.

Dos 20 alumnos iniciais, finalizaron o mesmo 19 debido a inserción laboral dun dos participantes. Os certificados de profesionalidade impartidos foron: Levantamentos e replanteos impartida en Outeiro de Rei, Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión impartida en Cospeito e Operacións auxiliares de revestimento contínuo en construción impartida en Castro de Rei.

Este obradoiro de emprego foi subvencionado pola Consellería de Economia, Emprego e Industria cunha achega de 279.959 €.













Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .