> Actualidade

22/06/2018 08:18

> CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE DE OUTEIRO DE REI

O Concello de Outeiro de Rei convoca un concurso de pintura ao aire libre dentro das actividades da XII Feira da Artesanía de Outeiro de Rei.

Poderán participar todas as persoas afeccionadas ou profesionais maiores de idade, sendo a inscrición libre e gratuíta o mesmo día da feira (7/07/2018) na caseta do Concello de Outeiro de Rei entre as 9:00 h e as 10:30 h.

Os participantes traerán todo o material necesario para a realización da súa obra pictórica en soporte ríxido de cor branca e que será dun tamaño mínimo de 50 x 70 cm.

Cada autor presentará unha única obra, cuxa temática será a propia feira de artesanía e/ou calquera recuncho con encanto polos que discorre a feira (rúas do casco vello e o Campo de Santa Isabel).
Os participantes poderán presentar as súas obras ata as 19:30 h do mesmo día na caseta do Concello de Outeiro de Rei, procedéndose con posterioridade ao fallo do xurado e posterior entrega de premios ás obras gañadoras.

Os premios serán:

500 € para o gañador
300 € para o segundo clasificado
200 € para o terceiro clasificado
 

Bases do concurso: https://outeiroderei.org/docs/bases-pintura-2018.pdf



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .