> Actualidade

21/06/2018 10:02

> TALLERES PARA EMPRENDEDORES NO VIVEIRO INDUSTRIAL DE OUTEIRO DE REI

O próximo mércores 27 de xuño terá lugar nas instalacións municipais do viveiro industrial de Outeiro de Rei un taller que tratará ASPECTOS LABORAIS PARA EMPRENDEDORES e que contará coa presenza de Margarita Sequeiro Canto, conselleira de Ceca Magan Abogados, ex Directora xeral de Relacións Laborais de Iberia e ex Directora do Gabinete de Presidencia de Iberia.

O mércores 18 de xullo, a avogada María José Huertas Jiménez, xerente da asesoría xurídica de Corporación Repsol e xefa da asesoría xurídica xeral, Tecnoloxía e Negocios Emerxentes de Repsol, disertará sobre ALINEACIÓN DE EQUIPOS.

O xoves 19 de xullo, celebrarase o taller de CONSTITUCIÓN DE EMPRESAS E PACTO DE SOCIOS, que será impartido polo avogado, Pablo Taboada Villamil, que exerce como avogado de startups e é docente de Vía Galicia, EOI e Conector Galicia.

Estes talleres son continuación doutros celebrados con anterioridade nestas instalacións dirixidos a emprendedores e persoas interesadas sobre temas moi diversos como marketing dixital, estudos de mercado, aspectos laborais e fiscais nas empresas…
Están abertos á participación de calquera persoa interesada, ata completar aforo.
O horario de impartición de todos estes talleres é de 17:00 h a 19:00 h.

As instalacións do viveiro industrial municipal de Outeiro de Rei se atopan no parque empresarial de Outeiro de Rei (Rúa do Acibro, nº 2).


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .