> Actualidade

19/06/2018 08:24

> CARREIRA SOLIDARIA EN OUTEIRO DE REI

A Asociación SOMOS SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER en colaboración co Concello de Outeiro de Rei organiza a IV CARREIRA SOLIDARIA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.

Esta actividade terá lugar o día 7 de xullo e está incluída dentro do programa da XII FEIRA DA ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI.

Establécense as seguintes modalidades:

  • Absoluta (2002 e anteriores)  (6.500 m)
    Saída: Praza do Concello 10:30 h
    Meta: Campo de Santa Isabel

  • Infantil e Cadete (2003 ao 2006) (1400 m)

  • Prebenxamín e Benxamín (2007 ao 2012)  (700 m)

  • Chupete (2013 ao 2018) (100 m)

Estas tres últimas modalidades concentraranse a partir das 11:15 h. no Campo de Santa Isabel.

O Concello de Outeiro de Rei pon á disposición das persoas que participen  servizo de ducha (no polideportivo municipal de Outeiro de Rei) e aparcamento gratuíto.

Ao final da proba, @s corredor@s serán invitad@s a uns pinchos.
A entrega de trofeos está prevista no Campo de Santa Isabel ás 13:00 h.

A recadación irá destinada á Asociación SOMOS Unidos por el Cáncer para a investigación da enfermidade.

As persoas interesadas poden realizar xa as súas inscricións  a través da páxina
de Championchip: www.championchipnorte.com

- DESCARGAR CARTEL



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .