Actualidade
06/06/2018 11:43
FESTIVAL FIN DE CURSO 2017-2018 DA ESCOLA DE MÚSICA
A Escola de Música dos Concellos de Outeiro – Rábade - Begonte remata o curso escolar cun gran festival no Campo de Santa Isabel o vindeiro sábado día 9 de xuño ás 18:00 h.
Este festival acollerá as actuacións dende os máis pequenos dos cursos de música en movemento pasando polas distintas agrupacións da escola como a banda de música Sons e Soños, Young Murajazz Big Band, Banda de Gaitas, canto tradicional e pandeiretas etc… todo nun marco natural de inigualable beleza.
Pode asistir toda a xente que desexe pasar unha musical tarde de sábado.
En caso de facer mal tempo a actividade trasladarase o pavillón do Colexio Público Laverde Ruíz de Outeiro de Rei.
- Descargar cartel