> Actualidade

15/05/2018 12:47

> O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DA FESTA DOS NENOS

O Concello de Outeiro de Rei xa está preparando, para o venres día 1 de xuño, a vixésima Festa dos Nenos, na que cativos e rapaces poderán gozar para o seu divertimento, como xa é tradicional nesta celebración, de atraccións como inchables, kars, e tobogáns. Tamén haberá merenda gratuíta e como remate non faltará a divertida festa da escuma, polo que convén non esquecer traer roupa cómoda e axeitada para as molladuras.

A festa realizárase desde as 16:30 h e ata as 20:00 h na Praza do Concello. En caso de choiva ou mal tempo a celebración trasladárase aos pavillóns municipais e ao pavillón do colexio.

Descargar cartel

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .