> Actualidade

04/05/2018 08:22

> PRAZAS DISPOÑIBLES NOS OBRADOIROS DE PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS E DE ELABORACIÓN ARTESANAL DE CONSERVAS DE FROITAS E VERDURAS

Neste mes de maio está previsto que se leven a cabo os seguintes obradoiros para os que aínda hai algunhas prazas dispoñibles:
Obradoiro de plantas aromáticas e medicinais, terá lugar os días 18 e 19 de maio no Centro Cultural de Robra.
Obradoiro de elaboración artesanal de conservas de froitas e verduras, impartirase todos os luns, do 21 de maio ao 9 de xullo, no Centro Cultural de Outeiro de Rei.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa de Cultura do Concello ou chamando ao teléfono 982 393 408.

OBRADOIRO DE PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS
DURACIÓN: Días 18 e 19 de maio (venres e sábado), de 16:00 h a 20:00 h
LUGAR: Centro Cultural de Robra
COTA: 20 €

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN ARTESANAL DE CONSERVAS DE FROITAS E VERDURAS
DURACIÓN: Do 21 de maio ao 09 de xullo (luns), de 16:30 h a 19:30 h
LUGAR: Centro Cultural de Outeiro de Rei
COTA: 20 €


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .