> Actualidade

03/05/2018 10:34

> VISITA GUIADA ÁS EXPLOTACIÓNS FORESTAIS RESINEIRAS DE LOIBA E DO VICEDO

O Concello de Outeiro Rei, en colaboración coa empresa LETME SOLUCIONES, organiza unha visita guiada a explotacións forestais resineiras de Loiba (Ortigueira) e do Vicedo.


Visitáranse un monte privado e outro de titularidade pública. Ambos montes están próximos entre si e constitúen exemplos moi interesantes do aproveitamento resineiro en Galicia.


A visita está destinada a propietarios de terreos forestais e veciñ@s do municipio interesad@s en obter unha nova fonte de ingresos a través da explotación dos seus piñeiros.

Esta visita é gratuíta e está programada para o vindeiro venres 11 de maio, con saída ás 10:00 h desde a Praza do Concello e hora de chegada aproximada ás 19:30 h.

As persoas interesadas poden anotarse, ata o 9 de maio, chamando ao Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, no teléfono 982 393 382.

VISITA GUIADA ÁS EXPLOTACIÓNS RESINEIRAS DE LOIBA E DO VICEDO
GUÍA: FRANCISCO J. DOMÍNGUEZ, resineiro
DATA: 11/05/2018
SAÍDA: 10:00 H (PRAZA DO CONCELLO)
ACTIVIDADE GRATUÍTA

- Descargar cartel



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .