> Actualidade

27/04/2018 02:01

> TALLER SOBRE MARKETING DIXITAL E PÁXINAS WEB

Continuando cos talleres para emprendedores que están tendo lugar nas instalacións do Viveiro Industrial de Outeiro de Rei, o martes día 8 de maio realizárase o taller MARKETING DIXITAL E PÁXINAS WEB.

A súa impartición correrá a cargo de Manuel Rey Varela, experto en marketing dixital, quen expoñerá como crear e manter unha boa páxina web, como funcionan as buscas na Internet (Google Trend) e as estratexias de Marketing dixital SEO (posicionamento web sen custo), SEM (promoción da web en buscadores) e Landing pages (xeración de seguidores ou “leads”).

Poderá participar calquera persoa interesada, ata completar o aforo.

As instalacións do viveiro industrial municipal de Outeiro de Rei se atopan no parque empresarial de Outeiro de Rei (Rúa do Acibro, nº 2).

TALLER: MARKETING DIXITAL E PÁXINAS WEB
RELATOR: MANUEL REY VARELA
DATA CELEBRACIÓN: 08/05/2018
HORARIO: DE 16:00 H A 19:00 H

RECTIFICACIÓN: A impartición deste taller estaba prevista inicialmente para finais de abril tal e como se recolle na noticia publicada nesta web municipal o pasado 23 de abril, polo que rogamos desculpen as molestias e se teña en conta a nova data.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .