> Actualidade

25/04/2018 02:00

> PRESENTACIÓN DE VARIOS PARQUES TEMÁTICOS DE FROITEIRAS EN OUTEIRO DE REI

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, deu a coñecer os catro pequenos parques temáticos de froiteiras que se crearon recentemente en Guillar.

No Salete,

- PARQUE DOS CASTIÑEIROS (plantáronse 5 castaños de tres variedades diferentes, parte deles micorrizados, pretendendo a obtención de cogomelos comestibles ademais de castañas).
- PARQUE DAS AMEIXEIRAS (plantáronse 10 ameixeiras de 3 variedades diferentes).
- PARQUE DAS MACIÑEIRAS (3 maciñeiras de 3 variedades).

En Alargos,

- PARQUE DAS CERDEIRAS (5 cerdeiras de 3 variedades).

En cada un destes espazos instalouse un pequeno panel interpretativo.

Estes parques xorden a raíz da celebración dun curso organizado polo Concello sobre poda, enxerto e plantación de frutais que se celebrou este ano nos meses de febreiro e marzo e no que participaron 15 persoas; parte das sesións prácticas do curso incluíron a realización de prácticas de plantación e foron as persoas participantes neste curso as que plantaron as árbores que hai nos parques de cerdeiras e maciñeiras.

A inversión total nesta iniciativa ascendeu a 3012,58 €.

IMAXES DA PRESENTACIÓN


IMAXES DO CURSO DE PODA ENXERTO E PLANTACIÓN DE FRUTAIS



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .