> Actualidade

19/04/2018 12:18

> MULTIAVENTURA EN VIVEIRO


A Oficina de Información Xuvenil de Outeiro de Rei abre o prazo de solicitude do MULTIAVENTURA EN VIVEIRO que está previsto se realice do 25 ao 27 de xuño; esta iniciativa está dirixida a rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO.

Ofértanse  20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición (terán preferencia @s rapaces e rapazas empadroados no concello con respecto aos de fóra); o prazo para anotarse permanecerá aberto  do 2 ao 31 de maio ou ata cubrir prazas.

O custo é de 70 € que inclúe a hospedaxe, comida e as actividades programadas (visita ao parque acuático de Cerceda, surf, paint ball…) que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.

- Descargar cartel

- Descargar formulario de inscrición.








Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .