> Actualidade

19/04/2018 11:05

> O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN


O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de preinscrición  para os CAMPAMENTOS URBANOS que se realizaran  do 2 ao 6 de xullo  para @s nen@s de 4 a 7 anos  e do  9 ao 13  de xullo para @s nen@s de 8 a 12 anos.

As prazas que se ofertan (25 por campamento) cubriranse por orde de inscrición  (terán preferencia @s nen@s empadroados no concello e os alumnos do CEIP Laverde Ruiz con respecto aos/ás nen@s de fóra).

O prazo para anotarse permanecera aberto do  2  ao 31 de maio ou ata cubrir prazas. A cota a pagar para participar nesta iniciativa é de 40 € sen comida ou de 45 € con comida, que deberan aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Entre as actividades a realizar nestes campamentos destacan: obradoiros, día de praia, xogos de equipo, visita ao parque acuático de Cerceda, etc.

 Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura en horario de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 393 408.      

- Descargar cartel

- Descargar formulario de inscrición.



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .