> Actualidade

12/04/2018 12:27

> TALLERES PARA EMPRENDEDORES NO VIVEIRO INDUSTRIAL DE OUTEIRO DE REI

O próximo martes 17 de abril terá lugar nas instalacións do Viveiro Industrial de Outeiro de Rei o taller EQUIPO E MOTIVACIÓN que contara coa presenza de Diego Vallejo Folgueira, copiloto lucense de rallyes cun importante percorrido profesional que falará deste tema vital na súa vida profesional.

Este taller está aberto á participación de calquera persoa interesada, ata completar aforo.
As instalacións do viveiro industrial municipal de Outeiro de Rei se atopan no parque empresarial de Outeiro de Rei (Rúa do Acibro, nº 2).

Este taller inicial será o punto de partida doutros moitos que se celebrarán nestas instalacións e que se irán dando a coñecer progresivamente, talleres dirixidos a emprendedores e persoas interesadas sobre temas moi diversos como marketing dixital, estudos de mercado, aspectos laborais e fiscais nas empresas…

TALLER: EQUIPO E MOTIVACIÓN
DATA CELEBRACIÓN: 17/04/2018
LUGAR: VIVEIRO INDUSTRIAL DE OUTEIRO DE REI
HORARIO: DE 16:00 H A 19:00 H



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .