Actualidade
ESPAZO DISPOÑIBLE NO VIVEIRO INDUSTRIAL DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI
Trala renuncia presentada por un dos emprendedores que tiñan espazo adxudicado no viveiro industrial municipal, informase a todas as persoas interesadas que na actualidade hai unha nave dispoñible de 65 m2.
O viveiro industrial de Outeiro de Rei está destinado a empresas de nova ou recente creación de carácter industrial; este espazo está situado no parque empresarial de Outeiro de Rei.
Terán a consideración de candidatos/as para o uso do viveiro industrial aquelas persoas físicas ou xurídicas con proxectos de creación de empresas e empresas establecidas que vaian desenvolver unha nova liña de actividade e que cumpran os seguintes requisitos previos:
a) As empresas non constituídas terán 3 meses para facelo desde a data da resolución.
b) Empresas constituídas nun prazo inferior aos 6 meses desde a data de solicitude.
c) Ter domicilio social e fiscal en Outeiro de Rei na data de resolución.
No caso de empresas con domicilio fóra do Outeiro de Rei, terán un prazo de 3 meses desde a data de resolución para domiciliarse en Outeiro de Rei.
d) A empresa deberá desenvolver unha actividade empresarial de carácter industrial.
e) As empresas deben presentar un proxecto que garanta a súa viabilidade económica e técnica e unha solicitude de admisión. A persoa ou empresa encargada polo Concello de Outeiro de Rei do asesoramento empresarial, será a encargada de valoralo e facer un informe.
O tempo de permanencia no viveiro será de doce meses estando prevista a posibilidade de prorrogar este prazo de estancia por motivos extraordinarios por un período máximo de doce meses.
Neste momento as solicitudes de espazo se resolverán segundo se presenten e ata cubrir o espazo dispoñible. Pódese recibir máis información no tfno.: 982 399 908 ou nas instalacións do viveiro os martes en horario de 10:00 h a 14:00 h (Parque empresarial de Outeiro de Rei- Rúa do Acibro, nº 2 –Outeiro de Rei).