> Actualidade

05/04/2018 01:05

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI PROMOVE UNHA CHARLA SOBRE O APROVEITAMENTO RESINEIRO

O mércores 18 de abril está previsto que se celebre no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 17:00 h a charla informativa O APROVEITAMENTO RESINEIRO: UN COMPLEMENTO PARA MOITAS ECONOMÍAS. As persoas que asistan á mesma poderán inscribirse gratuitamente, se así o desexan, na VISITA que o Concello de Outeiro de Rei organiza ás EXPLOTACIÓNS FORESTAIS RESINEIRAS DE LOIBA (ORTIGUEIRA) E O VICEDO, visita que está previsto se celebre durante a xornada do sábado dia 21/04/2018. Para estas visitas establécese un límite de 50 prazas e terán preferencia á hora de cubrilas as persoas empadroadas en Outeiro de Rei.

O aproveitamento da resina dos pinos pódese compatibilizar co aproveitamento da madeira e ten un importante beneficio ambiental; pódese realizar dende que o pino ten un diámetro de ± 25 cm (idade:20-25 anos) e ata a corta final (idade 30-35 anos).

Máis información: Servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Outeiro de Rei.

- Descargar cartel


Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .