> Actualidade

02/04/2018 12:25

> ABERTO PRAZO DE SOLICITUDE PARA AGRUPACIÓNS MUSICAIS

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música “Asociación Músico Crisanto” de Outeiro, Rábade e Begonte, porá a disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o soliciten, catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 h e as 21:00 h e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Agrupacións que se poden solicitar:

➢ Banda de Música “ Sons e Soños”
➢ Coral
➢ Grupo Tradicional “Tirapadiante”
➢ Big Band “ Young Murajazz”

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia:

- As parroquias ás que non se lles fose concedida con anterioridade.
- Aquelas actuacións que sexan para festas patronais, con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 2 ao 25 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo cuberto que está a disposición do público nas oficinas municipais e nesta web.

- Descargar folla de inscrición

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .