> Actualidade

19/03/2018 01:45

> A ASOCIACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO RURAL DA COMARCA DE LUGO (GDR4) ORGANIZA UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE AXUDAS AO INVESTIMENTO EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS

A Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá o mércores 28 de marzo ás 16:30 h unha xornada informativa sobre AXUDAS AO INVESTIMENTO EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS “PLANS DE MELLORA”.

Na presente xornada tratarase de acercar a todas as persoas interesadas a ORDE do 9 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, publicadas no DOG do 16/03/2018, con especial atención nos obxectos e finalidade da axuda, intensidade da mesma, requisitos e plazos.

Igualmente falarase do Programa Leader Galicia 2014-2020.

DESCARGA CARTEL



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .