> Actualidade

12/03/2018 09:00

> O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

A partir do día 15 de marzo e ata o  30 abril, ambas datas incluídas, estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2018/2019 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos/as que estean na actualidade matriculados no Centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na gardería no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores de nenos/as que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar  deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos  hai  modelos normalizados que poderán obterse a partir do día 14 deste mes na Escola infantil  ou pinchando  no banner que aparece na pantalla de inicio desta web destinado á Escola Infantil Municipal (https://outeiroderei.org/garderia.php).



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .