> Actualidade

16/02/2018 14:21

> O PRÓXIMO VENRES FINALIZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS PARA O CONCURSO A MULLER TRABALLADORA NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA o próximo 8 de marzo de 2018, o Concello de Outeiro de Rei celebra a segunda edición do seu concurso de fotografía sobre a muller traballadora neste concello.

O concurso ten como finalidade reflectir o traballo das mulleres de Outeiro de Rei en calquera ámbito (público ou privado), querendo dar  visibilidade ao papel feminino en diferentes eidos da nosa sociedade.

As persoas interesadas poden concursar en dúas  categorías: FOTOGRAFÍAS ANTIGAS e FOTOGRAFÍAS ACTUAIS. Valorárase a dificultade non soamente técnica senón tamén do momento no que foron sacadas as instantáneas, a orixinalidade, e a achega que signifique a imaxe ao coñecemento e recoñecemento do traballo das mulleres.

Poderá participar calquera persoa maior de idade autora das imaxes presentadas ou posuidora, no caso das fotos antigas, dos dereitos sobre as mesmas. Admitíranse ata tres fotografías por autor que poderán corresponder a unha ou ás dúas categorías.

Haberá un premio por categoría, de 200 € cada un. O prazo de admisión de traballos finaliza o próximo venres 23 de febreiro de 2018.

Poden consultarse as bases íntegras na web do concello de Outeiro de Rei (http://www.outeiroderei.org/).




Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .