> Actualidade

15/02/2018 11:36

> RESULTADOS DO CONCURSO DE ENTROIDO CELEBRADO EN OUTEIRO DE REI

Primeiro premio na categoría individual: DJ Monchiño
    Primeiro premio na categoría individual: DJ Monchiño

Numerosas persoas acudiron o pasado domingo ao XX Concurso de disfraces de Outeiro de Rei, que se realizou, como todos os anos, na praza da vila baixo carpa cuberta.
Malia a choiva e o frío, foron moitos os que acudiron para participar na nosa festa do entroido. O público asistente puido gozar do desfile de disfraces e botar uns bailes ao son da orquestra Trío D´Nika.

Os participantes no concurso disputábanse 2040 € en premios, repartidos en catro categorías máis catro premios especiais. Na categoría de comparsas, a alta participación e o entusiasmo dos participantes fixo que o xurado entregase dous dos premios especiais nesta categoría, sendo a comparsa Os Tropanetes a que logrou o primeiro premio.

A calidade e a orixinalidade dos disfraces foron elementos comúns a todas as categorías.


A listaxe dos premios por categorías e a seguinte:

COMPARSAS:
1º PREMIO DE  400 €                     OS TROPANETES
2º PREMIO DE  300 €                     GEPETTO´S, S.A.
3º PREMIO DE  200 €                     OS DE FÓRA

PREMIO ESPECIAL (150 €)
(Comparsa de Outeiro de Rei)          PIRATAS
PREMIO ESPECIAL 90 €               ORQUESTA PARANOIA
PREMIO ESPECIAL 50 €               PITUFO´S FAMILY

PARELLAS
1º PREMIO  DE  200€                     ASASINATO NO ORIENT EXPRESS
2º PREMIO  DE  120€                     AS PRINCESIÑAS DO ENTROIDO

INDIVIDUAL
1º PREMIO  DE  150€                     DJ MONCHIÑO
2º PREMIO  DE  100€                     PRINCESA LEYMA  3.0

PREMIO ESPECIAL (30 €)            O CAPITAN PULPO

INFANTIL
1º PREMIO  DE 120 €                     GROOT
2º PREMIO  DE   60€                      FAUNA



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .