> Actualidade

14/02/2018 11:48

> CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO USO DO TRACTOR

O próximo mércores 28 de febreiro, en horario de 11:00 h a 13:00 h, terá lugar na Casa da Cultura unha CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO USO E MANEXO DO TRACTOR EN EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS E GANDEIRAS. A charla está dirixida aos agricultores e gandeiros do concello e será realizada por un técnico en PRL do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) da Xunta de Galicia.

Os accidentes con tractores son a primeira causa de mortalidade agrícola. O 95% dos implicados en accidentes laborais con maquinaria agrícola, na súa maioría xubilados, non se dedican de maneira profesional á agricultura, polo que quedan fóra dos balances oficiais. Como dato positivo, as estatísticas da Xunta mostran un descenso nos sinistros graves e mortais durante os últimos dez anos. As saídas de vía son a principal causa de accidentes co tractor, sendo particularmente graves os sinistros con envorcadura. (fonte: www.farodevigo.es)

Na provincia de Lugo rexistráronse durante o 2017 un total de 50 accidentes con tractor, dos que 7 foron mortais. Dos 7 accidentes mortais, 6 non foron laborais, debido a que os falecidos superaran a idade de xubilación. (fonte:  www.elprogreso.es)

Esta colaboración entre o ISSGA e o Concello de Outeiro de Rei ten como obxectivo concienciar aos traballadores do rural da importancia de seguir as normas básicas en prevención de riscos laborais, así como aplicalas no seu traballo co tractor. Falárase, entre outras cousas, das normas de seguridade viaria e das proteccións que deben aplicarse para evitar os riscos de envorcadura.

- DESCARGAR CARTEL

Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .