> Actualidade

18/01/2018 11:31

> FESTA DE ENTROIDO EN OUTEIRO DE REI

Un ano máis, con motivo da FESTA DE ENTROIDO 2018, o Concello de Outeiro de Rei organiza a vinteava edición do CONCURSO DE DISFRACES.

A cita terá lugar o día 11 de febreiro (domingo de entroido) a partir das 17:00 h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizada polo grupo D´NIKA.

Xa están á disposición das persoas interesadas  as bases do concurso así como as follas de inscrición e información do mesmo. O prazo para anotarse permanecerá aberto do 1 ao 9 de febreiro na Casa da Cultura en horario de  10:00 h a 14:30 h ou ben o mesmo día do concurso de 17:00 h a 18:00 h.

A contía dos premios ascende a 2040 €.

Poden obter máis información chamando ao número 982 393 408.

-        BASES DO CONCURSO DE ENTROIDO

-        FOLLA DE INSCRICIÓN

-        CARTEL



Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .