Actualidade
07/09/2017 16:54
REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O LEADER
O GDR4, Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, convoca unha reunión de presentación da Asociación e de información sobre as axudas Leader 2016/2020 prevista para o día
18 de setembro ás 18:00 h na Salón de Actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei.
Entre os requisitos xerais dos proxectos están os seguintes: estar localizados no ámbito territorial do GDR4 (Concellos de Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade); ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos de natureza produtiva, e técnica e financeiramente, para os non produtivos e non estar iniciados na data de presentación de solicitudes de axuda.
Tanto para os proxectos produtivos como para os non produtivos o importe da axuda estará limitado a un máximo de 200.000 €.
Descargar cartel