Actualidade
ONTE REMATOU O PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO
Durante cinco días dezaseis mozos e mozas de Outeiro de Rei viviron unha experiencia única que lles permitiu aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, concretamente as empresas acolledoras foron as seguintes:
- ÁREA 507. Venda ao por menor de carburante, tenda, restaurante e servizo de vixilancia de camións 24 h.
- GARATUXA. Residencia de mascotas
- IDEA ALMACÉN DE PAPELERÍA, SL. Venda ao por maior de material escolar, artigos e máquinas de oficina e informática.
- INGAPAN S.L.U.Fabricación e venda ao por maior de empanadas e empanadillas cocidas, envasadas e etiquetadas.
- LASERLUCUS, S.L.U.Taller de grabado e corte por láser.
- MARCELLE NATUREZA. Parque natural de animais.
- OLERÍA DE BONXE. Elaboración de pezas artesanais de olería tradicional.
- PAN E PANADERÍA DE OUSÁ, SL. Fabricación e venda de pan, empanadas e bollería.
- XARDINERÍA SANTA ISABEL. Traballos de xardinería en xeral e mantementos. Instalacións de rego automático.
Ademais destas empresas, tamén colaboraron nesta iniciativa ofrecéndose a acoller: Ben Alonso, SL , Restaurante-Pensión González, Fulgencio Casás Lombao, Corporación Alimentaria Peñasanta, SA e Escayolas Atlántico, SL.
Estas empresas foron un piar fundamental desta iniciativa; o outro, evidentemente, o foron @s 16 moz@s participantes na mesma que responderon con entusiasmo a este compromiso.
As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 h representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada por todos eles.
Para completar o programa, onte realizouse unha visita á Fundación CEL onde foron recibidos por Rodolfo Ojea que tratou, entre outros aspectos, dos servizos que ofrece esta entidade aos emprendedores, ademais de realizar un percorrido polas instalacións e de completar esta visita cun encontro con promotores de dúas interesantes iniciativas empresariais: Miramar Cruises e estati.
Finalmente, os rapaces foron recibidos no Concello de Outeiro de Rei polo alcalde, José Pardo Lombao, que mantivo un intercambio de impresións e houbo unanimidade á hora de manifestar que todos eles repetirían esta experiencia; a continuación, realizouse a entrega de MP4 e o sorteo de dúas tablets, sendo os premiados no mesmo Arturo Fernández Arias e Christian Segade López.
Esta iniciativa foi subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar e o propio Concello de Outeiro de Rei.