Actualidade
15/04/2014 12:00
O DÍA 30 DE ABRIL REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
O día 30 de abril remata o prazo de solicitude de admisión e reserva de praza para o curso 2014/2015 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Os país ou titores de nenos/as que desexen acceder á opción que lles corresponda (reserva ou nova solicitude), deberán cubrir o modelo normalizado establecido a tal efecto que poderán obter a través desta web municipal, na Escola Infantil Municipal ou no Concello de Outeiro de Rei.
A lista provisional de admitidos e excluídos darase a coñecer aproximadamente a mediados de maio.
- SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2014/2015
- SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA EIM DE OUTEIRO DE REI, CURSO 2014/2015