Actualidade
28/02/2014 08:00
O CONCELLO DE OUTEIRO DE REI ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE SAÚDE PARA CELEBRAR O 8 DE MARZO
Con motivo do DIA INTERNACIONAL DA MULLER, o Concello de Outeiro de Rei organiza unha charla que será impartida por José Ramón Meilán, profesor na Escola de Fisioterapia da Universidade da Coruña.
A charla titulada Actividade física e saúde terá lugar o sábado 8 de marzo ás 17:30 h no Salón de Actos da Casa da Cultura nun acto aberto á participación de calquera persoa que desexe asistir.
Entre os aspectos a tratar falarase tanto da importancia de realizar unha actividade física saudable como das consecuencias da inactividade, do sedentarismo. Ademais, dependendo da existencia de patoloxías concretas, darase información de cales son as actividades físicas máis adecuadas.
Ao remate da mesma, terá lugar a tradicional degustación de doces caseiros.