Actualidade
04/02/2013 11:00
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA MULLER PREVISTAS PARA O PRIMEIRO SEMESTRE DESTE ANO
.jpg)
Hoxe tivo lugar a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2013 nun acto presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, acompañado da concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e persoal técnico do Concello de Outeiro de Rei.
A 13ª edición desta tradicional programación oferta a través de 7 actividades un total de 140 prazas; tamén hai outras actividades, entre elas a iniciativa Percorrendo Outeiro de Rei ou a celebración do Día da Muller Traballadora, que son iniciativas abertas ao público en xeral polo que a participación prevista é maior.
Realizada a presentación, quedou aberto o prazo de inscrición ata o día 22 de febreiro para as seguintes actividades:
- AQUAFITNESS (Ximnasia na auga)
- INFORMÁTICA BÁSICA (word, internet e correo electrónico)
- DE FEIRA Á FEIRA DO FERRO DE RIOTORTO
- ELABORACIÓN DE CONSERVAS E MARMELADAS
O curso de Informática Básica está aberto á participación dos homes; o resto de actividades citadas van dirixidas ás mulleres aínda que se rematado o prazo de inscrición quedan prazas libres, estas poderán ser cubertas por homes.
Igualmente, durante a presentación informouse que este ano, coincidindo co Día Internacional da Muller o profesor José Ramón Meilán disertará sobre a dor de costas en nen@s, adultos e maiores.
Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no tfno.: 982 393 408.
- DESCARGAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2013
- ACCEDER AO PROGRAMA DE ACTIVIDADADES DE PROMOCIÓN DA MULLER 2013