Actualidade
ENTROIDO 2012 EN OUTEIRO DE REI
Con motivo da celebración do Entroido 2012, o Concello de Outeiro de Rei organiza por XIV ano consecutivo o CONCURSO DE DISFRACES.
A cita terá lugar o día 19 de FEBREIRO (domingo de entroido) a partir das 17:00h na Praza da Vila, baixo carpa cuberta e amenizada polo Trío Areal .
Xa están á disposición de todas as persoas interesadas as bases do concurso así como as follas de inscrición que poderán ser entregadas durante esa semana na Casa da Cultura de Outeiro de Rei en horario de 9:00 a 14:30h; igualmente, as persoas que o desexen poderán inscribirse no lugar de celebración o propio día do concurso de 17:00h a 18:00h.
Os 1650 € de premios repártense da seguinte forma:
COMPARSA | 1º PREMIO: 400 Euros |
2º PREMIO: 300 Euros | |
3º PREMIO: 200 Euros | |
PARELLAS | 1º PREMIO: 200 Euros |
2º PREMIO: 120 Euros | |
INDIVIDUAL | 1º PREMIO: 150 Euros |
2º PREMIO: 100 Euros | |
INFANTIL | 1º PREMIO: 120 Euros |
2º PREMIO: 60 Euros |
BASES DO CONCURSO
CARTEL DO CONCURSO
FOLLA DE INSCRICIÓN 2012