> Actualidade

14/12/2012 13:00

> RESULTADO DO SORTEO NA CHARLA CELEBRADA SOBRE A RECOLLIDA SELECTIVA DE ACEITES USADOS DOMÉSTICOS

O pasado venres tivo lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei unha charla sobre a recollida de aceites domésticos usados, proxecto que está a desenvolver o Concello de Outeiro de Rei na actualidade.
Por tal motivo está previsto que en datas próximas se proceda á instalación de 5 contedores para a recollida de aceite doméstico usado e o envío postal a todos os veciños do municipio dun folleto explicativo e dun embude que facilitará o labor de recollida deste produto.
Os contedores serán instalados nas seguintes parroquias:
• OUTEIRO DE REI
• GUILLAR
• FRANCOS
• MOSTEIRO
• VILELA

O aceite que se pode reciclar e depositar nestes contedores é o vexetal sobrante nas cociñas derivado de frituras, graxas e asados e alimentos enlatados; tamén aceites de cociña estragados ou caducados. Nunca deberá ser depositado nestes contedores o aceite de motor, as graxas industriais ou aceites con bases de petróleo que xa teñen establecidas outras canles de recollida.
Igualmente, tampouco poderá depositarse a manteca de cocho e outras graxas animais que por ser moi sólidas necesitarán dun tratamento diferente para a súa reciclaxe e que nunha nova publicada nesta web municipal o pasado 17/10/2011 dábanse por erro como válidas para ser recicladas a través do seu depósito nestes contedores.
Ao finalizar a charla foi realizado o sorteo entre as persoas asistentes á mesma de dous premios consistentes cada un deles nunha comida para 2 persoas e 3h. no spa do hotel Spa Attica 21 de Vilalba. As persoas premiadas foron Olga Redondo Castro e Ramón López Hortas, ambos veciños do municipio.







Concello de Outeiro de Rei
Praza do Concello, núm. 1 - 27150 Outeiro de Rei
Telfs: 982393281 / 982393055 Fax: 982 393 112
Diseño web de Lugonet
 
Esta web utiliza cookies para analizar e mellorar os seus servizos, continuar coa visita supón a súa aceptación. Información sobre o uso de cookies .